El libro Cartografía De Galicia (Séculos Xvi Ó Xix) en formato PDF. El libro Cartografía De Galicia (Séculos Xvi Ó Xix) en formato MOBI. El libro Cartografía De Galicia (Séculos Xvi Ó Xix) en formato ePUB. El libro fue escrito en 2004 por el autor No Especificado. Disfruta leyendo con el sitio web lofficielhommes.es.
280 páxinas, 31X31cm. Capa dura entelada con sobrecuberta. 2.6 kilos.Cheo de reproduccións cartográficas con fichas técnicas ao pé.Catálogo da exposición celebrada en abril do ano 2000, Colexio Fonseca. Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.A colección mostraba a obra de distintas escolas cartográficas e reunía un equilibrado conxunto de documentos dos séculos XVI ao XIX referidos tanto á cartografía corográfica como á náutica.A partir do mapa publicado por Benedetto Bordone en Isolario(Venecia, 1528), os fondos da colección de mapas recollen a obra de grandes editores e cartógrafos como Metellus, Ortelius, Mercator-Hondius, Merula-Bertius, Tassin, Blaeu, Janssonius, Briet, Montecalerio, Sanson, De Wit, Mortier, Iaillot, Cantelli-De Rossi, Danckerts, Valk-Schenk, Visscher, Müller, De Fer, Robyn, Browne, Coronelli, Van der Aa, Allard, Bodenehr, Reinier-Ottens, Vaugondy, Tomás López, Nolin, Sutil, Cornide, López, Amoedo –estes catro últimos na España Sagrada de Henrique Flórez–, Philippe, Zatta, Bonne, Tardieu, Von Reilly, Carli, Cassini, Zappino ou Gussefeld, entre outros.Do século XIX destaca a obra de Domingo Fontán que, coa súa “Carta Geométrica...” imprimida no obradoiro de Lemercier (París, 1845), é a referencia cartográfica de Galicia dese século, sen esquecer a Borghi, Lapie, Vandermaelen, Dauty e Malo, Coello ou Boronat.Esta colección de mapas está conformada por cento noventa documentos aproximadamente e tamén reúne un importante número de planos de cidades e monumentos.